
Unha compañeira suxírenos que nesta ocasión os libros seleccionados poderían ser os recollidos no proxecto “Dálle a volta” do Instituto Galego de Consumo, xa que logo, deste xeito, a máis da lectura, poderíase aproveitar para fomentar o consumo responsable. Así se fixo tamén, recentemente, na Escola de Pais do suplemento semanal “La Voz en la Escuela”.
Alí escolmamos 30 libros agrupados arredor de sete eixos temáticos, que son os que seguen e que se poden consultar no proxecto (páxinas 22-50), así como as propostas de traballo para a aula ou coas familias.
1.- Unha festa diferente. Alternativas ao consumismo nos aniversarios e noutras celebracións infantís.
“Area fai seis” (versión interactiva), “A memoria das árbores” e “Cumpleañeros”.
2.- Quero isto, isto, e isto tamén! O fácil acceso dos máis novos aos catálogos publicitarios de xoguetes.
“A caixa dos recordos”.
3.- Mércame. Os caprichos consumistas dos pequenos. O valor dos cartos e das pequenas cousas que non se poden mercar. O máis grande ou o máis custoso non sempre é o mellor.
“La palabra que se fue de vacaciones”, “Coas mans baleiras”, “El regalo del pescador”, “El coleccionista de momentos” e “A casa máis grande do mundo”.
4.- Espello, espelliño. A imaxe persoal; influenza das series e persoaxes televisivos. Moda e publicidade. Estereotipos de sexo/xénero. Traspaso de hábitos estéticos adultos á infancia.
“Petra”, “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?”, “Sapo Manuel Quenorrana”, “Ranilda”, “Nariz de ouro” e “Cuervo”.
5.- Como como. Estilos de vida saudables, alimentación e actividade física. Doces, snacks e lambetadas.
“Picurruchos”, “Nicolás cocina sin fuego”, “Una cocina tan grande como un huerto” e “O incrible neno devorador de libros”.
6.- Como consumo. As implicacións do consumo no medio natural e nas relacións humanas.
“Misterio na selva de Ngorongon”, “León y el medio ambiente”, “Que fai falta?”, “Non é unha caixa”, “Caixa de cartón”, “Xaime e as landras” e “A árbore de follas DIN A4”.
7.- Gargalladas sen cartos. Actividades alternativas que non incrementan o consumo irresponsable.
“Un agasallo diferente”, “Russell y el tesoro perdido de Valderranas”, “Te regalo un cuento” e “El mejor regalo del mundo”.
No proxecto atoparedes información sobre cada unha das publicación e ligazóns a ás páxinas web das súas editoras.