A nosa achega á educación infantil

Bulbos e matemáticas

In EncienciArte on 16/11/2011 at 21:00
bulbos e matemáticas

Ver presentación.

Este ano acordamos que volveríamos a plantar bulbos dado o éxito dos xacintos do pasado curso. Nesta ocasión serán crocus, iris e tulipáns. Os tres nunha mesma lata e todos diferentes canto a: tamaño, momento de floración e profundidade de plantación. O que nos deu ocasión a facer un interesante traballo matemático.

En primeiro lugar fíxose preciso coñecer as recomendacións presentes no envase: interpretación de símbolos convencionais referidos ao momento de plantación, ao de floración, á necesidade de luz, á orientación e á profundidade de plantación. Observando tamén o tipo de envase no que se comercializa, unha bolsa perforada para permitir que “respiren”.

De seguido, cómpre preparar os recipientes, facéndolle un furado ás latas para facilitar a saída de auga excedente e así non “afogar” os bulbos.

O problema vén no momento de preparar a plantación, xa que os bulbos deben plantarse a distinta profundidade. Intúen con certeza cal é o motivo desta diferenza: bulbos máis grandes de plantas de maior altura necesitan máis fondo para que a terra lle serva de soporte. Debátese arredor de como solucionalo e sobre cal debe plantarse primeiro. Acordan tomar medidas na lata desde o borde; énchese ao primeiro nivel ou marca, a 10 cm., e colócanse os bulbos de tulipán e iris; cóbrese de terra ata a segunda marca a 8 cm, e deposítase o crocus. Enchese de terra ata o borde, régase e lévase ao “invernadoiro”, zona acristalada que recibe o sol da mañá e a sombra da tarde, tal e como precisan estas plantas.

Elaboración do calendario no que facer o seguimento das estimacións de xerminación e floración: crocus en marzo (a comezo da primavera); tulipáns en maio (metade da primavera) e iris a finais de maio-xuño (final da primavera).

Posteriormente sacámoslle máis proveito ás etiquetas dos envases dos bulbos. Se nun primeiro momento nos centramos na información contida no texto e máis nas imaxes, logo dedicámoslle un tempo aos números. Hai moitos máis dos que pensábamos, de distinto tamaño, acompañando a letras ou símbolos. Vimos que uns indican cantidade, outros prezo, dimensións, enderezos, códigos de identificacións, etc.
Tamén atenderon á información en distintos idiomas, cos símbolos correspondentes. E como novidade amosámoslle os números romanos, empregados para refirirse aos meses de forma moi abreviada.
Toda unha fonte de información que levan as casas para amosárllela ás súas familias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: