A nosa achega á educación infantil

Ciencia nas aulas de infantil

In EncienciArte on 07/11/2011 at 16:45

Nestes días estanse desenvolvendo unha grande cantidade de iniciativas para celebrar a Semana da Ciencia, como forma de achegar a ciencia a todos os públicos entendéndoa como algo cotiá presente en todos os ámbitos en non como algo que só pertence ao terreo dos científicos.

Nós tentamos facelo todos os días, procurando que os nenos e nenas de infantil comprendan que todos os coñecementos están estruturados e son susceptibles de ser articulados con outros; e de que a ciencia xurde da obtención do coñecemento mediante a observación de patróns regulares, de razoamentos e de experimentación en ámbitos específicos, a partir dos cales se xeran preguntas, constrúense hipóteses, dedúcense principios e elabóranse leis xerais e esquemas metodicamente organizados.

A diario e posible aplicar o método científico de forma  axustada ás idades coas que traballamos, en case todo o que facemos, seguindo os seus pasos principais:

-A observación, aplicando os sentidos a un obxecto ou a un fenómeno, para estudalos tal como se presentan na realidade.

– O pensamento indutivo, extraendo de determinadas observación o seu principio particular.

-A formulación de hipóteses, experimentándoas.

-A demostración ou refutación das hipóteses

-A elaboración de conclusións.

Mostra disto son actividades realizadas na aula que se poden atopar na categoría EncienciArte.

Ao noso entender ese é o modo de proceder científico, e isto pódese aplicar a calquera proposición que se queira comprobar. Algo que vai moito máis alá duns xogos de química branca nun día, ou con charlas sobre nanopartículas. Coma sempre non cremos na efectividades das accións esporádicas e “sensacionalistas”.

No web do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) pódense atopar algunhas experiencias interesantes de ciencia na aula relacionadas coa flotación, co magnetismo, coa óptica ou coa electricidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: