A nosa achega á educación infantil

A viaxe de Olaf

In ContArte on 27/10/2011 at 06:57


Tivo lugar onte, en Santiago, o acto de entrega do IV Premio Internacional Compostela de Álbum iIlustrado. Nesta edición o álbum seleccionado foi “A viaxe de Olaf” de Martín León  Barreto.

Olaf vivía nun planeta moi, moi pequeno. Nunha casa moi, moi grande. Un bo día, aburrido, Olaf saíu a camiñar… e camiñou! Olaf camiñou e camiñou, e un peixe que tiña a cola do revés atopou.
–Vés comigo? –preguntoulle.
E como non dixo que non…

Así principia este relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular. Un Principiño, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante…

As imaxes, segundo Xosé Ballesteros, director de Kalandraka,  feitas cunha paleta cromática fermosísima e cun aspecto xeométrico case mecánico, mesmo dan ganas de tocalas, apetece velas en tridimensional.

Xa se presentou traducido ao castelán, portugués,  éuscaro e catalán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: