Hai certas frases feitas que se empregan cos nenos coas que non coincidimos tales como “Os nenos/as son crueis por natureza”, “Os nenos/as sempre din a verdade”, “Os nenos/as gustan das charramangadas”. Os nenos e as nenas non son máis ca un reflexo da sociedade na que viven, porén cando vimos este libro no escaparate da nosa librería de cabeceira non tardamos un minuto en entrar a mercalo. É certo que temos debilidade polas estes temas, máxime cando falan de como levalos ao ensino. “Verdade, beleza e bondade reformuladas”, asinado por Howard Gardner, xa é de por si unha garantía. O seu subtítulo “La enseñanza de las virtudes en el siglo XXI” fíxonos recordar outros dos que tanto aprendemos como “Virtudes públicas” de Victoria Camps, nos que os seus autores se esforzaban por definir estes conceptos á tenor dos cambios que se produciron na sociedade axudándonos a trasladalos á escola.
Non podemos máis que recomendar a súa lectura, que en palabras do autor foi redactado con dúas finalidades. En primeiro lugar, está concibido para promover a reflexión sobre o estatus actual das tres virtudes humanas esenciais: a verdade, a beleza e a bondade, e á luz desa revisión, ofrecer suxestións para pais/nais, docentes e a outras persoas que sopesan como educar as vindeiras xeracións.
Pois daquela hai que mercalo, grazas pola suxerencia!!