A nosa achega á educación infantil

Panxoliñas para todo o ano

In MusicArte on 17/10/2011 at 08:01

Arrepíanos ir pola rúa e ver, no mes de outubro, os escaparates das tendas cheos de adobíos de Nadal, pero recibimos con alegría o último traballo de Mamá Cabra “Xa me tardan estes Magos”.

Un sopro de aire fresco no anacrónico mundo das panxoliñas de Nadal. Modernidade nas letras, nos temas, na música, nas ilustracións…, nada que ver con eses soniquetes rancios e repetitivos que ano tras ano parecen trasladarnos a outras épocas, ou con eses remixes de letras “comprometidas” que aburren desde o primeiro acorde.

Panxoliñas de todo o ano, tal e como se titula unha das que integran o traballo ten letra de Antón Cortizas: Que veña xaneiro / que é o mes primeiro/ e tras del febreiro / que é moi pequeneiro/ e marzo marzolo / trebón e raiolo / e despois abril / o das augas mil / veña o mes de maio / con flores a esgallo /e máis tarde xuño / cereixas no puño / despois veña xullo / calor a barullo / e sígalle agosto / quentiño e composto /que veña setembro / as uvas comendo / logo outubro ronco / co outono no lombo / a seguir novembro / castañas quecendo / por fin o Nadal / que é o mes do final. / E esta panxoliña / ao ano acabar / na fin de decembro / volve comezar.

Panxoliñas que falan dos valores que se asocian ao Nadal, “Na casa da miña avoa”, “A luz do Nadal” ou “Pintan as verbas de paz”. Panxoliñas que mesmo concilian diferentes tradicións actuais “O cuarto rei mago” ou “Tres reis en bicicleta”. Panxoliñas que nos vinculan coas nosas raices populares como son os cantos de reis “Ano novo con ben veñas” ou “Cantamos os reis”. Panxoliñas que nos falan en clave de neno/a, “Xa me tardan estes Magos” ou “O zapatiño”. Panxoliñas rebeldes Eu non quero ser taxista / nin médica nin conselleira / non quero sachar na leira / nin famosa deportista. / Eu tan so quero cantar… / O rock and roll / do bacallau con coliflor./

Dicir “panxoliñas laicas” é un oxímoron, pero ista é a vocación do fermoso agasallo que nos fan os reis Mamá Cabra, Antón Cortizas, Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez, Gloria M. Roel, Kristina Sabaite e Galaxia.

Escoitar unha mostra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: