Todos resolveron que se trataba do marmelo; houbo quen trouxo froitos e tamén quen nos agasallou con marmelo caseiro. Malia as reticencias iniciais dalgúns, todos gorentaron un dos doces típicos nas sobremesas galegas.
Isto deu lugar unha sesión de coñecemento dos marmelos, das súas flores, froitos, variedades (mesmo conseguimos uns ornamentais talla mini), comparación das súas cualidades coas de outras froitas, proceso de elaboración, enlatado e ata a súa representación pictórica a mans do xenial Antonio López.