Dous libros infantís atípicos

Acabamos de mercar dous libros que foron moi do gusto do noso alumnado. Calquera dos dous rompe cos cliches das cualidades que debe reunir un libro para ter éxito entre os máis cativos.

“Un libro”, de Hervé Tullet en Kókinos. Nada máis e nada menos que un libro. Sen máis historia que unhas instrucións de uso en cada páxina. Unha ilustración do máis sinxela, tan só uns círculos de cores. E malia todo, pódese considerar un libro co que os nenos interaccionan, un libro que logra engaiolar a inxenuidade infantil.

“La ardilla miedosa”, de Mélanie Watt en Almadraba. Un conto que a primeira vista a ilustración pouco favor lle fai (posteriormente mudaremos de opinión). A historia xira arredor dun esquío medio “chalado”, que vive presa dos seus medos e paranoias persoais, aferrado as súas rutinas. Os pequenos de inmediato se identifican con el e tratan de racionalizar os seus medos. Os adultos deseguido nos decatamos de que reflicte a vida de moitas persoas que viven bloqueadas polas súas teimas e temores.

En calquera caso, son un sopro de aire fresco no medio de tanta publicación máis do gusto dos maiores ca dos nenos e nenas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s