Se hai un palabra que poidamos atribuírlle á nosa aula é fértil. Todo cando plantamos
medra e dá os seus froitos. A finais do curso pasado
sementáramos xirasoles e realizáramos
varias actividades sobre esta engaiolante planta para os nenos/as. Agora chegou o momento de recoller os froitos. Probamos as pipas, reservamos unha parte para os paxaros –tal e como foran os plans iniciais- e outra para volver a plantar a vindeira primavera -non quixemos que nos sucedera coma no conto de “Pirracas e as patacas” que comeron todas as patacas e non tomaron a precaución de deixar a semente para o ano seguinte polo que se acabou a colleita. O equilibrio dos tres terzos, unha lección de sostibilidade.
Coñecemos outros usos das pipas de xirasol: aceite, margarinas, e a máis antiga, moelas para facer pan.
Como remate elaboramos pan de pipas, tras o visionado dun time lapse da floración do xirasol –algo que non puidemos ver dado que coincidiu coas vacacións- e outro no que se aprecia a súa cualidade de xirar cara onde está o sol .
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado