A nosa achega á educación infantil

Peche por vacacións

In EmocionArte on 22/06/2011 at 07:00

Ao igual que fixemos o curso pasado, coa entrada do solsticio de verán, imos darlle vacacións ao blog. Coma no calendario vexetal, chegou o momento de deixar medrar os froitos, con calma, con calor, para que se enchan de cor e de sabor, para que estean no seu sazón.

Hai pouco escoitamos que hai que valorar o que facemos non polo que cobramos senón polo que entregamos. Nós, en InnovArte entregamos moito: as nosas reflexións, inquedanzas, experiencias, o que nos disgusta…, e mostramos publicamente o noso quefacer diario. Desde o punto de vista profesional pouco máis podemos entregar; é coma se nos espíramos; expoñémonos totalmente á opinión dos outros.

Aí atrás lemos un artigo sobre a clasificación dos blogs, dicía o autor que había blogs de corta-pega –criticaba que seica a inmensa maioría-, de opinión, de creación ou de innovación. Cremos que InnovArte é un pouco de todo, pero en calquera caso, deixamos a nosa pegada persoal: só copiamos, escribimos e referenciamos aquilo que é acorde coa nosa maneira de concibir a educación infantil.

O balance actual é de 520 entradas en 520 días que recibiron máis de 100.000 visitas. Ben, pois agora cómpre descansar.

Queremos pechar este ciclo cunha cita de Lin Yutang que di que “Hai dúas maneiras de difundir a luz, ser a lámpada que a emite ou o espello que a reflicte”, porque ese será o obxectivo de InnovArte, ser unhas veces lámpada e outras espello.

Boas vacacións a todas e todos e ata a volta do verán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: