O xardín curioso

A nosa última descuberta é unha delicia de libro, titúlase “El jardín curioso” de Peter Brown, publicado pola editorial Takatuka.

Un día, mentres explora a súa cidade monótona e gris, un neno curioso chamado Liam descubre un xardín en apuro. Decide axudarlle a medrar, sen decatarse de que acabará provocando que o xardín teña vida propia e que se estenda pola cidade mudando todo ao seu paso.

Malia o aproveitamento didáctico que se pode sacar del, o autor insiste en que tan só quixo contar unha boa historia. O noso alumnado deseguida caeu na conta do que se pode cambiar cun pequeno xesto, cando as persoas deciden colaborar coa natureza en troques de loitar contra ela. Un conto cunha visión ecoloxista e medioambiental coma poucos.

As imaxes teñen a forza suficiente para transmitirnos esa transformación da paisaxe, coas flores, cos topiarios, coas plantas trepadoras…; aquí deixamos unha mostra.

Moi recomendable para falar do medioambiente en calquera ocasión ou no seu día.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s