A nosa achega á educación infantil

O noso curioso xardín

In EncienciArte on 27/05/2011 at 14:00

Escoitando a historia de Liam, o neno xardineiro de  “El jardín curioso” de Peter Brown, unha nena díxonos que vira unha flor saíndo por un sumidoiro. Falamos moito sobre as plantas que nacen –ao igual que no conto- en lugares insólitos, do que podería suceder si se deixasen medrar, do que cambiaría a paisaxe se houbese máis xardíns nos parques, nas rúas, na vila…, mesmo no cole.

Aquí o cambio non é doado, edificio rodeado de elevadas construcións e cun patio con muros de formigón de tres metros, sen moitas posibilidades de humanizalo, de enverdecelo, ou é que aínda se pode facer algo? Catro árbores orfas que temos que coidar, as nosas plantacións en lata, e algunha que outra sorpresa…, nacen plantas en lugares insólitos! Moitas máis das que pensamos. Decidimos facer de investigadores para localizar onde hai vida vexetal, fotografamos e estableceremos un plan de coidados, para ver se acontece como no libro.

 Recordamos que no conto as plantas que primeiro se estendían eran as malas herbas, logo detrás ían as outras. Por que se lle chama entón malas herbas?

Unha lección de respecto á diversidade e de integración –neste caso paisaxística pero aplicable a outros ámbitos-: os grandes xardineiros ingleses sempre dicían que non hai malas herbas, senón plantas que nacen en lugares inadecuados.

Poderíase facer algo máis no noso patio?, como sería se houbese xardíns verticais?, que pasaría?, como se coidarían? Sempre é mellor soñar ca resignarse. Velaí van os deseños.

Nós cremos que ao alumnado, polo de agora, non hai que falarlle de grandes ideais nin dos discursos habituais nestas conmemoración, senón amosarlle o valor dos pequenos xestos que están ao seu alcance.

Ver presentación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: