“Todo o mundo lle ten medo a algo. Vivir con medo pode facer mesmo que a persoa máis valente se sinta pequena.”
Así comeza “O gran libro dos medos do rato pequeño”, a nova publicación libro que nos brinda a editora Patas de Peixe, á que non parece gustarlle moito darnos libros sen pasado; ao igual ca o anterior este tamén está roído; xa ten historia.
Un libro fundamental para superar as túas fobias dándolle nome, teratofofia (medo aos monstruos), clinofobia (medo a ir para a cama), entomofobia (medo aos insectos), lixirofobia (medo aos ruídos fortes), nonseiondestoufobia (medo a perderse)…, así unha morea máis de medos que senten os máis pequenos.
Un ocorrente libro de Emily Gravett, autora de historias, sinxelas moi do gusto dos nenos e nenas pero que dan moito xogo, como sucede con “Dogs”, que recomendamos especialmente para as especialistas de lingua estranxeira en infantil.
Identificar os medos é o primeiro paso.
“LEMBRA!
Un medo enfrontado é un medo vencido.”
Ola!
Escribín este libro con medo de que non lle gustase a ninguén,
pero vese que non é así.
Moitas grazas e parabéns polo voso blog.
Atentamente,
O rato pequeno
Encantounos!!!, a nós primeiro e logo ao noso alumnado aínda máis, o que acontece é que cando llelo contamos fixéronse os valentes, non lle temen a nada. Grazas pola historia, polas posibilidades que nos brinda, por facer albumes tan coidados na súa presentación, polos complementos como o mapa dos medos, pola variedade textual e de tipografías. Seguide así.
Por certo, non o atopamos en español, e como temos tamén o blog en español, poñemos as mesmas publicacións nunha e noutra lingua.