A nosa achega á educación infantil

Pompas de xabón

In EncienciArte on 19/05/2011 at 15:00

O pompeiro XXL que trouxo un compañeiro á clase fixo espertar as envexas de todos os nenos e nenas; segundo eles era coma unha espada, e “curiosamente” sacaba pompas redondas. Reflexionamos moito sobre o asunto. Concluíron que pompeiros cadrados darían pombas cadradas e os triangulares con forma de triángulo.

Buscamos información sobre a mellor maneira de preparar a fórmula das pompas de xabón, as proporcións de cada elemento, o toque segredo (azucre en po). As condicións idóneas para lograr pompas, etc. Con todo ese coñecemento puxémonos mans á obra. Ata que puideron comprobar que fose cal fose a forma do pompeiro, as pompas sempre nos saen esféricas.

Tralo goce con estes pequenos trebellos, soubemos máis cousas:

-hai artistas de pompas de jabón;

-hai quen pode facer pompas cadradas;ver as extraordinarias explicacións de xeometría do profesor Antón Aubanell;

-hai quen pode meter a unha persoa dentro dunha pompa, ou pompas dentro das pompas- hai engaiolantes espectáculos de pompas-;

– hai quen as fai de cores;

-e hai quen é capaz de retratalas, malia que son transparentes, neste caso, coincide que o Museo do Prado na actualidade exhibe as obras do artista francés Jean Siméon Chardin, entre elas, varias nas que aparecen as pompas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: