A nosa achega á educación infantil

Código deontolóxico dos docentes

In ActualizArte on 13/05/2011 at 21:00

O último número da revista Participación Educativa, do Consejo Escolar do Estado, dedica un monográfico a “Profesorado y calidad de la educación”, entre outros artigos interesantes podemos ler “Un nuevo código deontológico para la profesión docente” de Alejandro Tiana Ferrer, no que analiza a necesidade dunha formulación explícita dos compromisos e dos deberes profesionais que os compoñentes da profesión deben asumir a aplicar no seu exercicio cotiá. O estilo e actuación que debe caracterizar a un bo profesional.

Como anexo, reproduce o Código Deontológico aprobado polo Pleno do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias, en novembro de 2010.

Entre os principios de actuación contempla: a responsabilidade e exemplaridade; xustiza, veracidade e obxectividade; solidariedade e responsabilidade social; desenvolvemento do espíritu crítico no alumnado; principio de non interese; e principio de formación permanente.

De seguido, establece cales son os compromisos e deberes dos profesionais da docencia en relación:

-co alumnado

-coas familias e titores do alumnado

-coa institución educativa

-cos compañeiros e compañeiras

-coa profesión

-coa sociedade

Para ler moi devagar, pensando se cumprimos, si se cumpren, se os cumpren, todos e cada un dos integrantes da profesión docente. Ás veces tamén hai que mirar cara dentro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: