A nosa achega á educación infantil

De onde vén a sombra

In EncienciArte on 03/05/2011 at 21:01

“Sae detrás nosa da casa e logo ponse diante.” “Segue ao sol.” “Está pegada ao chan.” “A sombra dá frío.” “Se ti es grande a sombra é grande se es pequeno é pequena.” “Se te moves a sombra móvese.” “Cada un só temos unha sombra.” “Se non tes amigos podes xogar ao pilla pilla coa sombra.” “A sombra é negra e se hai pedras brancas é branca.” “Todas as sombras son negras.” “Cando hai máis sol a sombra é máis longa, cando o sol está coma a lúa chea.” “Na casa hai sombra cando se acende a luz.” “A sombra sempre te toca polos pés, menos na piscina que vai por debaixo, ponse no fondo da auga e non te toca.” “A sombra das cousas que van polo aire tamén vai polo chan.”

Estes e outros moitos son os seus coñecementos previos sobre a sombra. Algúns dos cales trataremos de comprobar e confirmar ou desmentir.

Empezamos a xogar coas sombras. Faremos comprobacións periódicas ao longo do día sobre a sombra dalgún elemento fixo do patio, por exemplo as árbores e logo tiraremos conclusións sobre a súa orixe, tamaño, posición e cor.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: