A nosa achega á educación infantil

Nun mundo mellor

In EmocionArte on 02/05/2011 at 19:01

Unha recomendación de cine para todas aquelas persoas interesadas en afondar na reflexión sobre a violencia e acoso escolar, indo máis alá dos tópicos “buenistas” ou catastrofistas ou de manual. “En un mundo mejor” é un filme dirixido pola danesa Susanne Bier, gañador no 2011 dun Globo de Ouro e do Óscar á película de lingua non inglesa. Recentemente falábamos do libro “Nada”, da escritora  Janne Teller, tamén de Dinamarca e que xira arredor do mesmo tema.

A tradución do seu título orixinal sería vinganza pois este é o dilema no que se atopan os protagonistas, hai algo que xustifique a vinganza?, nada?, en ningún caso? Sen centrarse totalmente no que é o acoso escolar hai escenas que, para nós, non teñen desperdicio, entre outras, a acollida que lle fan ao novo alumno cando se incorpora ao centro á morte da nai; o conformismo deste perante a nova situación coñecedor de que en todos os centros hai que marcar o territorio para non ser obxecto de burla; as acusacións cruzadas entre a familia e os docentes cando se descubre o problema do acoso; a actitude redentora da directora do centro tralo conflito, suxerindo unha aperta e propósito de emenda; ou como se “castiga” no ámbito escolar ás criaturas bondadosas coma Elías.

Unha visión profunda e desde fóra; algo necesario pois, a mirada externa devólvenos a imaxe que moitas veces non queremos ver e que inxenuamente cremos se pode paliar con regulamentación normativa sobre a que centramos os debates, polarizamos posicións, defendemos opinións e desgastamos enerxía sen chegar nunca á análise da violencia e mellora da convivencia escolar. Sempre nos perdemos máis nas formas que no fondo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: