A nosa achega á educación infantil

O ruído nas escolas

In InformArte on 28/04/2011 at 08:00

Onte foi o Día Internacional da Concienciación do Ruído, un día de moitos xestos simbólicos arredor dun problema para a saúde ao que non se lle presta a debida atención nos centros educativos, malia que os estudos realizados amosan que unha exposición continuada a elevados niveis de ruído pode incidir de maneira significativa na atención e discriminación auditiva, así como en determinadas aprendizaxe, nomeadamente na lectura.

O ruído ambiental incide negativamente na calidade da ensinanza xa que conleva interferencias nos procesos de comunicación e cognitivo. A contaminación acústica provoca nerviosismo, tensión, ansiedade, estres e mesmo incremento da agresividade. É especialmente crítico entre os cativos máis pequenos, de educación infantil, xa que estes posúen poucos recursos para suplir as lagoas que xera o ruído na comunicación. No caso dos docentes supón un esforzo extra para a voz e de atención.

Porén sería interesante que entre os obxectivos da programación anual do centro se contemplara a redución do ruído ambiental. En primeiro lugar cómpre elaborar un mapa de ruídos, non cremos que sexa preciso empregar audímetros, tan só facer anotacións ao longo de varios días sobre os niveis de ruído dos distintos espazos, ben derivados do mal acondicionamento acústico das aulas, como de lugares onde se produce balbordo; deseguido adoptar as medidas precisas para reducir estes focos de contaminación acústica, algo que pode resultar máis doado do que puidera parecer inicialmente.

Tamén cómpre adoptar unha actitude crítica e autocrítica, porque en ocasións, pode ser culpa dos docentes que os barullo vaia in crescendo. Faise preciso establecer unha pauta de actuación común entre todo o persoal que intervén co alumnado; non é admisible que persoas adultas sexan contraexemplos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: