A nosa achega á educación infantil

A lectura faite medrar a calquera idade

In ContArte on 14/04/2011 at 09:00

Como se achega o Día do Libro, unha recomendación de lectura, “Tardes con Margueritte”.

Germain, un home de preto de cincuenta anos, bruto, langrán e case analfabeto, coñece no parque a Margueritte, unha velliña ilustrada amante da lectura. Comezan falando das pombas e isto lévaa a facerlle a primeira recomendación de lectura. Pouco a pouco Germain vai sendo consciente do valor que lle aportan as palabras cando é capaz de entender o seu significado, cando é quen de comprender o que queren dicir máis de dez xuntas e cando se decata de que serven para poñerlle nome ao que sente.

Margueritte “enganchouno” léndolle. Explicoume que a ler se empeza escoitando. Eu pensei máis ben que se empezara lendo. Pero díxome: “Non, non, Germain, non pense iso!, para conseguir que lles guste a lectura aos pequenos cómpre lerlle en voz alta” Engadiu que se iso se fai ben, máis adiante, vólvense dependentes, porque é coma unha droga. Despois, segundo van medrando precisan libros. Resultoume estraño, pero pensándoo ben, pareceume que non era ningunha parvada. Se me lesen contos sendo un cativo, pode que metese máis a miúdo o nariz nos libros, no canto de facer parvadas, simplemente por aburrimento.

Levada ao cine, con Gèrard Depardieu no papel protagonista, quen fai crible unha historia ás veces pouco verosímil, malia que tenra e entrañable.

“Tardes con Margueritte”, un libro da mestra de infantil Marie-Sabine Roger, agora en galego editado por Galaxia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: