A nosa achega á educación infantil

Patoloxización da infancia

In ActualizArte on 04/04/2011 at 11:09

Hai algún tempo que queríamos falar sobre a patoloxización da infancia e do consumo infantil de drogas psiquiátricas. Agora, o artigo publicado no xornal arxentino Síntesis educativa,Gran Bretaña: nenos diagnosticados con TDAH reciben psicotrópicos como caramelos” fainos recordar este tema.

Unha investigación de The Guardian revela que nenos/as de 4 anos están sendo medicados con Ritalin ou similares, en resposta ás presións dos pais para controlar problemas comportamentais, o que levou a que a principal asociación psicolóxica de UK solicite unha revisión dos protocolos de tratamento do TDAH. Aquí está pasando o mesmo, xa se ven casos de nenos neglixentemente medicados para controlar a súa impulsividade  pero aínda ninguén deu a voz de alarma.

A día de hoxe hai unha invasión de diagnoses que levan a que un neno/a sexa catalogado polos síntomas que presenta perdendo así a súa identidade. Hai un uso xeneralizado do DSM IV nos consultorios psicolóxicos e pediátricos; mesmo no ámbito escolar é frecuente que os docentes diagnostiquen aos nenos con ese manual considerando isto un avance de cara á resolución do problema, cando máis das veces, non pasan de aí.

Dedicaremos outras entradas á hiperactividade, pero agora tan só quixemos facernos eco da noticia e recomendar o visionado de dous vídeos da Comisión de Dereitos Humanos nos que nos alertan dos perigos da “etiquetaxe de trastornos” e dos riscos do uso de psicotrópicos con nenos/as.

 

Advertisements
  1. O “soma” de Brave New World, en estado primitivo. O narcotráfico pasando de actividade (aparentemente) ilegal a actividade institucional, coa colaboración ignorante dos departamentos de orientación e das titorías escolares.

    “Os Mercados” están traballando con gran eficacia en todos os ámbitos.

    E iso que non me fío moito do vídeo, pero “habelas hailas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: