Onde les e como les?

A FGSR vén de pór en marcha a acción Dónde lees tú, na que, coa finalidade da promoción da lectura, recollen “leotestimonios”, documentos e imaxes nas que se fixan nas persoas que len, nos seus lugares, en se o fan sos ou con outros, a quen lle len ou quen lles le, etc.

Gustounos tanto a iniciativa que, de cara ao Día do Libro, imos facer algo similar; solicitarémoslle ás familias do alumnado que nos envíen fotografías de momentos de lectura dos seus fillos e fillas; con todas elas prepararemos unha exposición acompañadas dun pequeno pé de foto no que cadaquén explicará cando le, porque lle gusta ese lugar e esa postura.

Para inspirarnos, vía Nosololibros, vemos o vídeo do espectáculo de danza e acrobacia “Traces”, da compañía Les 7 doigts no que adoptan posturas de lectura inimaxinables e inverosímiles. De seguro que na nosa exposición tamén veremos algunhas imposibles pero cómodas para o lector ou lectora.

O onde e o como tamén importan e inflúen moito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s