Día da Poesía 2011

Mañá será o Día Mundial da Poesía, por ilo queremos facer dúas recomendacións:

– Bibliopoemes, para nós, o máis completo e selecto blog sobre a poesía infantil e xuvenil. É da biblioteca de Cocentaina –nin sabíamos onde quedaba esa vila, ata que os descubrimos-, está en catalán, e nel pódese seguir información case a diario: novas publicacións, escolmas sobre determinados temas (poesía de inverno ou sobre a muller, etc), poesía mundial –clasificada por países, por idiomas-, autores, editoriais, webs de poesía, e moitos recursos máis para facernos lectores de poesía.

-A editorial Literatura Vertical, única no seu campo que imprime poemas ilustrados, en vinilo para pegar nas paredes. Polo de agora só dá a posibilidade de solicitar os poemas dispoñibles en catalán, español ou inglés. Parécenos unha gran idea para copiar, por nós mesmas ou por unha editora galega.

Non sempre hai que entrar pola porta grande á poesía; hai portas pequenas, humildes, escoradas…, que fan a mesma función: dar paso ou acceso a outro espazo, a outro mundo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s