No Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, vén de presentarse “Dálle a volta”, un proxecto de Ángeles Abelleira e a editorial Galaxia para a Escola Galega de Consumo.
“Dálle a volta” é un programa para introducir a perspectiva do consumo responsable na educación infantil. Una proposta novidosa, centrada, na educación emocional e cun enfoque desde as competencias básicas que pretende darlle a volta a todo aquilo ao que nos arrastra a actual sociedade de consumo. Está integrado por:
“Area fai 6” un conto interactivo, co que os nenos e as nenas poderán xogar.
“Dalle a volta. Proxecto de educación para o consumo en educación infantil” Neste documento establécese o marco teórico e referencial de como levar a cabo os obxectivos da educación do consumidor ofrecendo orientacións e exemplos de como tratar o consumo responsable desde o proxecto educativo do centro infantil, desde cada un dos equipos de dinamización presentes nas escolas, desde a biblioteca escolar ou desde a aula, en estreita colaboración coas familias e con outros servizos que atenden ás nenas e nenos galegos no seu día a día. Así mesmo, recolle tres exemplificacións didácticas (BicArte, EnlatArte e EncaixArte) nas que se amosa como traballar a educación para o consumo en cada un dos niveis do 2º ciclo de EI. Todo ilo con unha morea de ligazóns que amplían e complementan a información.
Pódese acceder ao material desde o web da Escola Galega de Consumo ou desde “RecomendArte“, apartado no que recollemos as publicacións de infantil neste blog.