A nosa achega á educación infantil

Premios a docentes

In PremiArte on 01/03/2011 at 20:02

Recentes investigacións amosan que se ben a remuneración e incentivos monetarios constitúen factores importantes na determinación do status profesional, as motivacións dos/as docentes para ingresar e permanecer teñen unha forte influenza outro tipo de recoñecementos.

O grupo de traballo PREAL desde o 2004 analiza as políticas dirixidas aos docentes en distintos países latinoamericanos. Veñen de publicar un documento que analiza as estratexias de recoñecemento da docencia efectiva. Resumen a experiencia internacional en materia de premios aos mestres/as e profesores/as; así mesmo, observan os antecedentes das experiencias premiadas, os seus obxectivos, alcances, criterios de selección dos premiados, perfil dos docentes seleccionados, impactos logrados, recursos empregados e custes aproximados. Finalmente, tralas entrevistas a moitos deses premiados, recolle as súas opinións sobre as potencialidades e limitacións da experiencia, principios, obstáculos e problemas encontrados na implementación.

Chamou moito a nosa atención que o informe tamén contempla a difusión que se lle deu ás experiencias obxecto de premio, así como ao propio acto de entrega de premios. Hai países que ata os retransmiten en directo pola TV. Unha maneira de recoñecemento social do traballo docente.

Para ler e tomar nota desde as administracións educativas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: