A nosa achega á educación infantil

Diversidade nos xacintos

In EncienciArte on 01/03/2011 at 20:01

O pasado mes de decembro plantamos bulbos de xacinto. Estamos coñecendo as diferentes formas de obter unha planta: por semente –coas plantacións de árbores autóctonas-, por bulbo –cos xacintos-, agora farémolo por rizoma, e logo probaremos por escallo. Tralos coidados dedicados todo este tempo, a pasada semana puideron levalos para as súas casas, para alí poder disfrutar deles, das súas cores, do seu aroma, coa súa familia. Para elo preparamos un folleto informativo coas indicacións dos seus coidados, cunha táboa de frecuencia de regos, e cunha regra medidora da súa medra.

Desde o momento no que empezaron a agromar, xa se viron diferenzas entre eles que agora se fixeron evidentes. A pregunta que xurdiu foi, como é posible que plantados no mesmo día, coa mesma terra, regados nos mesmos días coa mesma auga, colocados no mesmo sitio recibindo a mesma ración de sol, haxa tanta diferenza de tamaño entre eles? Formularon todo tipo de hipóteses que tratamos de comprobar, que se os de cor rosa medraran máis ca ningún, que se os de cor branco floreceran antes, que se era polo tamaño das latas nas que foran plantados… Non puidemos concluír nada, pois nada avalaba ningunha das razóns que daban. Uns antes e outros despois fóronnos deleitando coas súas fermosas flores.

Agora mándannos fotos desde a casa para que poidamos seguir a súa evolución.

Ver presentación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: