A nosa achega á educación infantil

Dedicatorias dos libros

In ContArte on 26/02/2011 at 09:03

Temos por costume cando collemos un libro novo, lerlle ao noso alumnado a dedicatoria, se a ten. Tan só iso. Máis tarde ou noutra ocasión, volvemos sobre o texto da dedicatoria e pensamos quen serán as persoas a quen llelo dedica ou nos motivos polos que o fai o autor/a.

Unha dedicatoria dun libro sempre lle engade valor a este. Ás veces mesmo pode axudar a entendelo, porén é algo que non queremos pasar por alto. A máis hainas fermosísimas, entre elas:

Para todos aquellos que alguna vez olvidaron los colores, en “Los colores olvidados”.

A quienes siempre hablan con palabras salidas del corazón, en “La gran fábrica de palabras”.
A mi madre, por todas las princesas azules, elefantes alados, gatos parlantes y viajes imposibles que habitan en sus cuentos, en “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?”.

A mi hijo Vic, para que las palabras sigan siendo siempre uno de sus juguetes favoritos, en “La palabra que se fue de vacaciones”.

A León, mi padre, agricultor y hortelano (M.J.) A Yvette, mi madre que me enseño el abc de la cocina (A.S.), en “Una cocina tan grande como un huerto”.

Vimos outros dedicados polos propios autores; lemos con detalle o que escribiron e en que parte do libro o fixeron.

Pouco a pouco tamén os iniciaremos na arte de dedicar libros cando estes se dan como agasallo, cales son as características deste tipo de texto, como se distinguen doutro tipo de información presente nesa páxina, a súa extensión, os elementos fundamentais, como o nome de quen agasalla e sobre todo, os motivos polos que se dedica un libro que deben quedar reflectidos na dedicatoria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: