As outras historias


No libro “As outras historias”, Paula Carballeira, recoñecida narradora oral, recolle esas pequenas cousas que están agochadas e que nin sequera se sabe que existen. Todas elas están dedicadas a quen pensa que…, entre outras:

Historia da princesa Adela, para quen pensa que todas as princesas son fermosas e que se es fermosa es feliz…

Historia do demo pequeno, para que pensa que só existen demos grandes, hainos tamén pequechos e non son precisamente tenros…

Historia dunha pantasma, para quen pensa que as pantasmas meten medo…

Historia dunha noite de medo, para quen pensa que hai que fuxir do medo…

Amor a primeira vista, para quen pensa que sendo animal non tes problema…

Historia das luras xigantes, para quen pensa que o mar está para  bañarse no verán…

Historia do neno na cadeira de rodas, para quen pensa que só se pode andar cos pés…

Historia do ladrón cego, para quen pensa que as cousas son súas e de ninguén máis…

Historia dos Fellamancos, para quen pensa que todo debe ter sentido…

Malia que está publicado na colección Árbore de Galaxia orientada a un público de oito anos en diante, a nós, parecéronnos ben orixinais e poéticas para contar nas nosas aulas de cinco anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s