A nosa achega á educación infantil

Lingua materna

In ActualizArte on 18/02/2011 at 15:00

Ás veces hai que coincidir con Nicholas Carr; é certo, na rede, máis do que quixéramos, movémonos nun nivel superficial; flúe a información polas redes sociais, vai dun noutro, e finalmente en que repercute isto?, en coñecemento non, e en cambio de escala de valores tampouco.

O 21 de febreiro é o Día Internacional da Lingua Materna, –a lingua da nai, a primeira lingua que se adquire, a lingua que se coñece mellor, Emilia Ferreiro suxería chamarlle lingua de berce-, por Internet circula a Declaración da UNESCO, os carteis, a carta da súa directora dicindo que as tecnoloxías son especialmente útiles para fomentar as linguas maternas. E que máis?, pode que cheguen a millóns de internautas, e despois diso, que?, variará a valoración social de moitas das linguas maternas? Xestos; ás veces todo se reduce aos xestos grandilocuentes e ritos das liturxias modernas.

Porén, prefiro os pequenos feitos, pode que non cheguen tan lonxe pero apórtanlle o valor do persoal e son máis cribles. No xornal El País do pasado venres, líamos o artigo do profesor Henrique Monteagudo, “Memorias dun neno vilego”, no que, coa honestidade e sinxeleza que o distingue, dábanos a súa visión de como a súa lingua de xogos, o galego, lle abriu portas, que de terse pechado no mundo que lle correspondía, nunca tería vivido, malia que non lle impediu coñecer e practicar outras linguas –a da escola, a da mocidade, a da modernidade, a de entenderse polo mundo.

Cantas linguas maternas temos neste momento nas aulas?

Se finalmente, só se trata de amplitude de miras, de non prexuízos, nin coa propia lingua materna nin coa dos outros. Só desde o enriquecemento. Sen conflito, sen confrontación, sen enfrontamento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: