A nosa achega á educación infantil

Super-consumidores e super-sós

In ActualizArte on 09/02/2011 at 20:51

“Un terzo das nais e case a metade dos pais consideran que non xogan dabondo cos seus fillos/as. Deles, o 80% e o 83%, respectivamente, aseguran que se debe a que non dispoñen de tempo para facelo. Por outra banda, cómpre salientar que máis da metade das nais e dos pais consideran que os xoguetes que se fabrican para nenos menores de 5 anos presentan diferenzas segundo o sexo ao que se dirixen. Asemade, case a totalidade dos proxenitores considera que a cantidade de xoguetes que teñen os nenos na actualidade é excesiva, o que se debe a que eles son demasiado permisivos, tal e como opina o 57% das nais e o 65% dos pais que o pensan desta maneira. Despois diso, a presión publicitaria sería o segundo factor máis influinte para o exceso de xoguetes (22% das nais e o 17% dos pais).

Canto a quen son as persoas que adoitan mercar xoguetes aos menores de 5 anos, detéctase en primeiro lugar que son as nais as que o fan, seguidas dos pais e os avós. A razón para facelo é a chegada dos aniversarios e das festas de Nadal.”

Isto é o que constata os II Estudo Nacional sobre infancia promovido pola marca comercial Chicco.

Nada que non vexamos no día a día nos centros educativos. Nenos e nenas cada vez máis sós e máis superconsumidores. Algo haberá que facer ao respecto, non?, ou esperaremos ao Nadal para enviar un folleto informativo sobre a compra responsable de xoguetes? Poida que a nosa responsabilidade arredor diso sexa a de ensinarlles a xogar sen consumir, a valorar as pequenas cousas que non é preciso mercar e a saber atopar satisfacción sen necesidade de ir de compras. A educación para o consumo responsable debe ter presenza real nas programacións de centros educativos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: