A nosa achega á educación infantil

Un ano de InnovArte

In EmocionArte on 27/01/2011 at 00:01

Fai hoxe un ano comezamos a nosa andaina blogueira; daquela fixémolo co ánimo de compartir os nosos achados pola rede, as nosas inquedanzas, as nosas reflexións e ata a nosa rebeldía contra moitas inercias escolares que non compartimos e que cremos están lastrando a calidade da educación infantil. Foi coma un grito ao espazo para saber se había alguén máis na nosa órbita. Descubrimos que si, que hai vida máis alá do planeta Fichas e do planeta Manualidades; hai moitas e moitos profesionais cos que sintonizamos e cos que compartimos a onda.

Hai pouco, con motivo do remate de ano facíamos balance, polo tanto e dado que é recente non o repetiremos. Énchenos de satisfación saber que InnovArte é obxecto de consulta para profesionais da educación –mesmo doutros niveis educativos-, para opositores, para estudantado do Grado de Infantil, para alumnado do ciclo de técnico en infantil, e para familias. Que estea referenciado en webs como a da Asociación de Pedagogos e Psicopedagogos de Galicia, no da Asociación Galega de Editores, no da Editorial Galaxia, en blogs de aula, en plataformas educativas de Latinoamérica, noutras dirixidas ás familias…, e en lugares aos que non poderíamos nin sospeitar que chegara a nosa voz. Levamos o discurso InnovArte a espazos divulgativos como a revista EDUGA, ao programa de PnC da Radio Galega, a Preescolar na Casa na TVG, á revista Bits digital , ao programa de radio a través de Internet de Puentes al Mundo e mesmo en Facebook. E con todo, seguimos sen pertencer a ningún grupo ou rede, non nos afiliamos a nada porque queremos manter a nosa liberdade de opinión –perdemos aspectos interesantes, pero somos coherentes coa nosa, poida que ata trasnoitada, idea de independencia.

Seguiremos facendo o que subxace á imaxe do noso blog, “Spiral Jetty”, unha obra efémera para ser vista por moi poucos, só a través dos documentais e reportaxes e para a que se precisou remover e escolmar entre toneladas de croios e escombro. Coma ela iremos sufrindo pequenos cambios co paso do tempo, pero mantendo inalterable a idea primixenia. E teremos sempre presentes as verbas de Concepción Arenal coas que iniciábamos o blog e que volvemos a repetir para non esquecer a nosa función como docentes:

“Para que la maestra sea la que debe ser es necesario que deje de ser niñera, y además que no enseñe labores manuales, enseñanza que tal como hoy la da de nada o poco sirve, y que hace imposible la literaria.(…)”

Grazas a todas as persoas que nos apoiades coas vosas visitas, comentarios e suxestións. Non sabemos se teremos para outro ano máis, pero iso mesmo pensábamos cando empezamos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: