Para os equipos de dinamización da biblioteca escolar que andan buscando como organizar o espazo infantil, deixamos como fonte de inspiración unhas fotografías de Kid´s Republic, unha librería de Beijing (Pekin), que non se sabe ben se é unha nave espacial ou un edificio futurista; o que temos seguro é que as criaturas deben pasalo moi ben; mesmo, ata poida que lean. Paga a pena ver a galería de fotos, tomadas de día e de noite.
Kid´s Republic
