A nosa achega á educación infantil

A atención á diversidade é atender ás diferenzas ou á igualdade?

In ActualizArte on 20/12/2010 at 21:19

A pasada fin de semana estivo en Compostela Battista Quinto Borghi -recoñecido experto en educación italiano e director da revista electrónica infantiae.org– con motivo da xornada formativa para o persoal das escolas da Rede 0-3. Dunha entrevista concedida ao xornal “La Voz de Galicia”, entresacamos esta cita, que daría para un tratado, e estamos nun momento no que facía falla que alguén lle puxera voz ao que moitos profesionais intuímos e debatemos en círculos máis reducidos. “Yo creo que la escuela pública debe abordar los derechos universales de los niños, no los específicos, las diferencias deben tratarse en la comunidad del menor, no en la escuela.”, continúa dicindo que se ten feito moito mal en nome da diversidade, e é certo, pero como non é políticamente correcto dicilo, todos calamos e somos incoherentes co que pensamos; por un lado somos conscientes de que nos desbordan as diferenzas e non podemos atendelas todas, e por outro enchemos a boca e os discursos de palabrería non acorde coa nosa praxe.

A Quinto Borghi témolo escoitado noutros foros, temos lido e recomendamos algunhas das súas publicacións ás que se pode acceder na rede como:

 “Educar en el 0-3. La práctica reflexiva en los nidi d´infancia”, editado no 2007 por Graó, no que fala, a  partir da súa experiencia nas escolas infantís 0-3 de Italia; un servizo educativo que na actualidade vive unha profunda evolución.

Neste vai analizando o que se entende por boas prácticas en educación; cal é o perfil do/a profesional que traballa en 0-3 que se move entre o sentido común e a competencia profesional. Nunha segunda parte, recolle distintas prácticas relacionadas co período de adaptación, cos espazos e co devir cotiá da escola infantil.

Los talleres en educación infantil: espazos de crecimiento”, un clásico, publicado en Graó no 2005. Presentado e prologado por Miguel A. Zabalza, nel indaga sobre a razón dos talleres en EI, as súas raíces, a metodoloxía, e finalmente prácticas de taller, no que atoparemos exemplos como: taller do corpo e do movemento; taller de conversas e de palabras; taller das cousas, do tempo e da natureza; taller do espazo, da orde e da medida; taller das mensaxes, das formas e dos medios de comunicación; ou taller da identidade persoal.

Intencionadamente fuximos da tradución taller/obradoiro, como reivindicación da filosofía e modos dos atellier das escolas italianas. Quixemos facelo así porque cremos hai moito confusionismo arredor diso. Escoitamos moitas veces que a xente traballa por proxectos, ou ten organizada a aula por recantos, ou realizan obradoiros, e -non sendo nós unhas puristas- isto non se corresponde para nada con esas nomenclaturas e cos discursos que subxacen detrás desas etiquetas. Temos visto poucos proxectos que se diferencien de secuencias ou unidades didácticas; poucos recantos que se diferencien de currunchos nos que entreter aos cativos; poucos obradoiros que se diferencien dunha liña de  produción en serie industrial, daí a matización.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: