Contos sobre os contos

Estas son as nosas últimas adquisicións de literatura infantil: tres contos que remasterizan ou misturan outros contos clásicos.
-“As manoplas de Carapuchiña“, de Inés Almagro e Mikel Mardones en OQO. Na recensión da editora sinalan: Este conto popular foi obxecto de incontables versións. Un abano amplo de interpretacións que non se reduce á aleccionadora de Charles Perrault ou á edulcorada dos Irmáns Grimm. Así, figuras de prestixio da literatura infantil e xuvenil como Roald Dahl ou Gianni Rodari revisitaron desde o humor e a ironía este clásico para vestir de amarelo a Carapuchiña ou dotala dun arma coa que conseguir un abrigo quentiño de pel de lobo. feito de que a historia non transcorra como convencionalmente é coñecida ou como Carapuchiña ten protagonizado reiteradas veces sorprende ao lector e desconcerta á protagonista. —Que raro! –dixo Carapu, mentres poñía a carapucha– No meu conto nunca neva!


-“Alicia Patapam en los cuentos”, de Gianni Rodari e Anna Laura Cantone en Lumen. Alicia Patapam descubre o pracer da lectura e métese nunha aventura que lle permite coñecer a personaxes doutros contos como a Bela Durminte, ao lobo de Carrapuchiña, ao Gato con Botas… Observó la primera página mientras se le escapaba un enorme bostezo, pero en la segunda, su atención era como la de un caracol cuando saca sus cuernos poco a poco. En la tercera página, ¡estaba tan interesada que cayó de cabeza dentro del libro!


-“Un conto cheo de lobos“, de Roberto Aliaga e Roger Olmos en OQO. Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos… e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos… Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!
Roberto Aliaga preséntanos neste relato un orixinal universo onde os lobos de todos os contos conviven xuntos á espera de ser chamados para o seu próximo acontecemento literario. Nesta especie de limbo, en que cada un se entretén a súa maneira, a alerta do Lobo Papón da falta de comida mobilízaos por un mesmo obxectivo e unha necesidade compartida: saciar a fame.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s