A nosa achega á educación infantil

20 anos de Preescolar na Casa TVG

In InformArte on 14/12/2010 at 20:30

O pasado sábado, día 11, emitiuse o programa 661 de Preescolar na Casa TVG, co que se conmemoran os 20 anos que levan en antena. No ano 1990 emitíase o primeiro, unha aposta forte da Fundación PnC, vendo as posibilidades que lles brindaba o medio televisivo para chegar a un maior número de familias. A día de hoxe segue a ser un clásico nos programas divulgativos e a súa función segue a ser tan necesaria coma cando empezaron, ou máis.

Xa temos falado, noutras ocasións da labor que desenvolve a Fundación PnC; sempre dicimos que nunca será o suficientemente recoñecida, porque milleiros de familias ao longo de máis de 30 anos, contaron con este servizo cunha clara vocación de axuda e formación dos pais, nais, avós, avoas, mestres e outros axentes educadores. Esa labor a carón dos nenos e nenas galegas, no seu día a día, non hai institución que llela facilite co mesmo compromiso e coa mesma profesionalidade que o fan as persoas de Preescolar na Casa.

Pódese coñecer máis, ben no blog, na web, no programa de radio que emiten os domingos, ou nos programas da TVG.

Longa vida para Preescolar na Casa!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: