Ler cambia a vida

Autor Antonio JAvier CaparoCando escoitei ao Nobel Mario Vargas Llosa dicir –no seu discurso na Academia Sueca -que aprender a ler fora o máis importante que lle pasara na vida e que conlevou a paixón pola escritura, pensei que teríamos que recollelo no blog. Pero, tamén, de inmediato veume á cabeza o libro de Daniel Pennac, “Como una novela”; poida que non sexa unha estraña asociación de ideas. Neste libro publicado no 1992 -un clásico sobre a paixón pola lectura-, Pennac, cuestiona as actitudes dos pais, a imposición da lectura que fan os benintencionados mestres, e nomeadamente o seu dogma conxunto e categórico de que ler é unha obriga porque nos fai mellores persoas. O autor desafía e desarma esta aseveración e ofrece argumentos ler é algo que podemos facer polo simple pero inmenso gusto de facelo.

Para Pennac o lector ten uns dereitos que resume en dez:

  • O dereito de non ler un libro.
  • O dereito de saltar as páxinas.
  • O dereito de non rematar un libro.
  • O dereito de reler.
  • O dereito de ler o que sexa.
  • O dereito de ler onde sexa.
  • O dereito ao bovaryismo (enfermidade textual transmisible).
  • O dereito de buscar libros, abrilos onde sexa e ler un anaco.
  • O dereito de ler en voz alta.
  • O dereito de calarse.

Non sei cales serían as tretas que empregou o frade Justiniano con Vargas Llosa para cativalo de tal xeito aos cinco anos, pero o que si sei, e Pennac sabe é que:

“Hay que leer, hay que leer…¿Y si en lugar de exigir la lectura, el profesor decidiese de pronto compartir su propia dicha de leer?”

Cómpre recordar que o verbo ler ao igual que o verbo amar non admite imperativos. Non se pode forzar a curiosidade, débeselle espertar, é unha das máximas que atravesa o libro, ao que se pode acceder na rede.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s