A nosa achega á educación infantil

Érase que se era…

In ContArte on 29/11/2010 at 21:13

No Blog Bibliopoemas da Biblioteca pública de Cocentaina –todo un referente na animación lectora-, esta semana dedican unha entrada ás fórmulas de inicio e de peche dos contos. Isto fíxonos recordar que cando lemos un conto na clase, malia que non somos partidarias de desvirtuar o máis mínimo o escrito, sempre botamos a faltar esas chaves máxicas que metaforicamente nos introducen no mundo imaxinario dos contos. Velaí a relación que publican en catalán, español e galego:

Inicio:
Era unha vez…
Había unha vez…
Nun lugar remoto…
Hai moito, no tempo dos soños…
No inverno, na época da lúa chea…
Nun tempo no que a Terra aínda era nova…
Certo día…
Hai moitos centos de anos…
Noutros tempos máis antigos…
Érase que se era…
Vivía unha vez…
Nos tempos de María Castaña…
Para saber e contar e contar para aprender…
Hai moito tempo, cando os animais aínda falaban…
Hai moitos anos, cando o mundo estaba formándose…
Había unha vez, nun vello país…
Hai moito tempo, cando as galiñas tiñan dentes…
Aínda que é difícil de crer, unha vez pasou… 
Peche:
Foron felices, comeron moitas perdices e a min déronme coa porta nos narices.
E viviron felices moitos anos.
E colorín colorete, pola cheminea vai un foguete.
E viviron felices para sempre.
E viviron felices ata o final dos seus días.
Colorín colorado, este conto xa está acabado.
E así será para sempre.
Entón, o galo cantou e este conto rematou.
Acabouse o conto e levouno o vento…

Nalgunha outra ocasión xa temos falado tamén do web Orella Pendella no que se recompilan ditos, recitados, trabalinguas, acumulativos, etc da tradición oral galega.

Por outra banda, o Web LitOral, é unha fonte inesgotable de recursos da tradición oral: experiencias de centros educativos entorno á literatura oral, textos, entrevistas, recursos, estudos, gravacións, mostras sonoras, decálogo de boas prácticas, etc. Contan cunha actividade “Pasos contados” que se trata de roteiros de unha o media xornada que se realizan na fin de semana para coñecer lugares e tradición orais do Estreito de Xibraltar en familia . Para copiar!.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: