A nosa achega á educación infantil

Filosofía para nenos/as

In ActualizArte on 21/11/2010 at 23:58

Dado que hoxe é o Día Mundial da Filosofía, imos facer referencia á proposta educativa “Filosofía para niños” FpN, creada en 1969 por Matthew Lipman e que se aplica na actualidade en moitos países, non coa finalidade de converter aos nenos en filósofos profesionais, senón coa de desenvolver e manter viva neles unha actitude crítica, creativa e coidadosa (caring thinking).

Lipman dicía “Se queredes adultos que pensen por si mesmos, debemos educar aos nenos para que pensen por si mesmos”, por iso FpN presta especial atención a unha secuencia de elementos lóxica, de maneira que se desenvolva de maneira acumulativa e traballe de forma espiralada.

Aquí en Galicia os programas de Filosofía para nenos e similares foron dados a coñecer nas actividades de formación por distintos grupos:

GRUPO IREF, creadoras do material Filosofía 3/18. No seu web atopamos recursos on line, a súa proposta estética, recursos para traballar co cine, coa pintura, coa música, recollendo en cada apartado suxestións de obras para traballar e actividades para desenvolver o pensamento crítico e creativo. Contan cun apartado denominado Ecodiálogo para provocar a conversa, a reflexión sobre a terra, o aire, a auga e o lume, con músicas, sons, pinturas e textos dirixidos a educación primaria e secundaria, moitos deles adaptables a infantil.

Atópase tamén o PROXECTO NORIA, que leva o nome desa atración infantil porque é circular ao tempo que pracenteiro, co obxectivo de que os nenos/as aprendan a pensar e a actuar considerando distintas perspectivas.

O Grupo IREF está integrado por formadoras tan coñecidas como Angélica Sátiro, Maite Sbert ou Irene de Puig

Centro de Filosofía para Niños. O Programa FpN está pensado para fomentar un desenvolvemento completo da educación do alumnado, comezando entre os 4-5 anos e chegando ata os 16. O plan de estudos de FpN contén un amplo abano de cuestionarios e de discusións, e celebran periodicamente cursos de formación do profesorado nos que adquirir as directrices básicas e tecnicas fundamentais para unha correcta aplicación do mesmo (esta é unha esixencia de Lipman, pois cre que só así se pode garantir a calidade filosóficas das ensinanzas).

No seu web recompilan artigos, experiencias, entrevistas, quedatiempos, etc. Integran este centro Félix García Moriyón e Juan Carlos Lago Bornstein.

-Asociación Filosofía para nenos de Galicia. Deste grupo temos falado recentemente con motivo da presentación do seu Proxecto Miroscopio. Está integrada por moitas e moitos dos habituais na formación do profesorado que tanto fixeron por dar a coñecer FpN e como desenvolver habilidades cognitivas co alumnado. Entre eles Jesús Merino e Carmen Loureiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: