A nosa achega á educación infantil

Historia e dereitos da infancia

In ActualizArte on 18/11/2010 at 18:01

No web da Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia, pódese acceder a varias publicacións; entre elas atopamos “Historia dos dereitos da infancia”, de José Manuel Suárez Sandomingo, presidente de APEGA.

A transformación das realidades de moitas nenas e nenos é un reto aínda pendente que debemos afrontar a cidadanía en xeral, e os docentes en particular; porén, ter coñecemento da infancia cunha perspectiva histórica, permítenos coñecer situacións de exclusión que hoxendía non foron superadas.

Analiza a infancia desde o tempo dos romanos, pasando pola Idade Media, ata o século XVIII, cando grazas á influencia de Rousseau, aparece unha nova concepción na que as criaturas deixan de ser adultos en miniatura para ter unha identidade de seu. No capítulo II fala da evolución internacional dos dereitos dos máis novos, ata que calla definitivamente coa Declaración Universal dos Dereitos do Neno en 1959, e coa Convención Internacional dos Dereitos do Neno en 1989. Finalmente, dá un repaso á situación dos dereitos da infancia na lexislación española e galega –ata 1999, data da publicación- e apunta os problemas das criaturas no final do milenio –que seguen a ser os mesmos na actualidade-, saúde, maltrato, desatención… Nas últimas páxinas, recolle nunha táboa, os fitos sobre o recoñecemento dos dereitos dos nenos e das nenas.

Un interesante traballo, de absoluta vixencia, tras máis dunha década da súa publicación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: