A nosa achega á educación infantil

Children Full of Life

In EmocionArte on 18/11/2010 at 18:02

No Día da Infancia, un vídeo para as persoas adultas. Trátase dun documental “Children full of life”, do 2004, producido pola cadea nipona NHK, que ten recibido diversos premios en festivais internacionais como no de Banff ou no de Nova York. Versa sobre o traballo ao longo dun ano do profesor Toshiro Kanamori, nunha escola pública de Xapón, na que non só prepara ao seu alumnado para o seguinte nivel educativo, senón, tamén, prepáraos para a vida, educando os seus sentimentos e as súas emocións, ensinándolles a ser felices coas cousas importantes da vida. No primeiro día de escola dille aos cativos: “O obxectivo deste ano é ser felices. Non temos máis ca unha vida e é importante aproveitala para ser felices.” Así de claro e así de explícito. E trata de levalo a cabo. Cada día, tres nenos/as escriben e falánlle aos seus compañeiros sobre os seus sentimentos, os sentimentos cara os outros e sobre feitos das súas vidas.

Pódese descargar en cinco partes, e atopamos un resumo con subtítulos en catalán. Son 45 minutos que paga a pena pasar perante a pantalla.

 

Esta si é unha responsabilidade da escola, máis das veces esquecida entre a morea de contidos educativos dos currículos académicos. E máis  necesaria que nunca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: