A nosa achega á educación infantil

Liñas de tempo

In TICArte on 15/11/2010 at 21:03

Sabemos que en infantil, un dos obxectivos que máis custa acadar é o da organización temporal; que sexan capaces de secuenciar feitos, de narrar unha historia seguindo os fitos temporais máis importantes, de contar acontecementos seguindo a orde… Daí que desenvolvamos cantidade de actividades encamiñadas á consecución dese obxectivo. Temos elaborado paneis nos que imos recollendo secuenciadamente as actividades máis senlleiras do trimestre ou curso escolar, ou os momentos clave dun conto, da súa propia vida, dunha película, das rutinas diarias, dunha receita, etc.

Agora atopamos unha ferramenta, Dipity,  que nos permite a elaboración desas liñas de tempo e tres formatos distintos: en liña cronolóxica, en formato libro ou en esquema.

As liñas de tempo ou eixos cronolóxicos son moi empregadas desde hai tempo en niveis superiores, pero a posibilidade de incorporar elementos multimedia é bastante recente. Tan só é preciso rexistrarse e ir anotando os eventos que queremos consignar. Unha vez creada, podemos visualizala e desplazarnos cara diferente datas, e nas que haxa información aparecerá nunha pequena xanela, permitíndonos acceder ao evento seguinte ou ao anterior. En Bloggeando atoparedes un titorial de como realizar liñas de tempo con Dipity. Un excelente recurso educativo.

Pódese ver a liña temporal que fixemos de proba coas entradas de Innovarte: liña, libro e esquema.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: