Dicionario galego de Pedagoxía

Esta tarde presentouse o “Dicionario galego de Pedagoxía”, dirixido por Felipe Trillo e José Antonio Caride, editado por Galaxia.
Segundo figura na reseña editorial “Este dicionario ten máis de 500 entradas nas que 176 especialistas galegos explican, de xeito rigoroso e accesible, os diferentes termos e os conceptos, expresións e significados a eles asociados, desde a Didáctica e a Organización Escolar aos métodos de investigación, da Teoría e a Historia da Educación á Pedagoxía Social, do diagnóstico á orientación educativa e laboral.”

Nas intervencións dos integrantes da mesa déronse varias coincidencias: o agarimoso recordo para o profesor Herminio Barreiro; salientar o feito de estar escrito en galego e por galegos; recoñecer a inxente tarefa do equipo de traballo que desenvolveu a súa labor ao longo de cinco anos; e a necesidade de xerar coñecemento sobre o que é a trabe do desenvolvemento humano, a educación.

Cada unha das entradas ten a súa correspondencia en varios idiomas -inglés, francés, alemán ou portugués-, dous ou tres autores de referencia e outros tantos textos a modo de exemplo. Ata nos gustou a súa portada, da que o Director xeral de Galaxia soubo moi ben dar a razón de ser así: facelo atractivo á vista evitando imaxes recorrentes; a mazá da sabedoría; e a mazá como comezo de todo. Un toque fresco, para un traballo que de seguro dará moito que falar e que estudar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s