A nosa achega á educación infantil

Xefes tóxicos

In InformArte on 13/11/2010 at 12:00

Nalgunha outra ocasión temos traído aquí o blog “El Adarve” que recompila os artigos de Miguel Ángel Santos Guerra publicados no xornal “La Opinión de Málaga”. O motivo polo que volvemos a el é polo artigo publicado hoxe “Jefes tóxicos en educación”.
Neste pregúntase sobre se a acción dos directores e directoras das escolas se dirixen a finalidades educativas ou se enmarañan no exercicio da burocracia de control, do autoritarismo e das intrigas. Fala, así mesmo, de funcións ricas e de funcións pobres da dirección, cuestionándose a cales se dedica máis tempo.
Ben sabemos que a excesiva carga burocrática dos centros educativos non é unha elección, senón,en moitos casos, unha imposición, pero tamén sabemos que hai quen a realiza como unha tarefa máis e quen a converte no leit motiv do seu quefacer cotiá.
Recomendamos a súa lectura e avanzamos dúas citas para ter presentes:
-“Quen exerce a autoridade debe sentirse servidor e non amo.”
-“O ambiente non mellorará se quen ten a responsabilidade de purificalo e enriquecelo é quen máis toxinas desprende.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: