A nosa achega á educación infantil

Cen por cen Seoane

In CativArte on 13/11/2010 at 15:01

Visitamos a exposición “Cen por cen Seoane. 100 anos > 100 lugares”, a máis potente de todas cantas se teñen feito arredor da complexa figura deste personaxe que dominou tanto as disciplinas plásticas como as intelectuais. A dicir de Xosé Díaz, comisario da exposición e fillo de Isaac Díaz Pardo, “Seoane de ter sido catalán sería moito máis que Miró”. A súa fecunda labor abrangue a creación plástica, o deseño, a edición, a creación literaria, o xornalismo, o activismo político, a animación ou a creación de empresas culturais; como as oito patas do polbo, elemento moi recorrente na súa obra e co que Seoane se identificaba.

Organizada pola Fundación Seoane e a Fundación Caixa Galicia, a exposición está configurada en cen categorías, cifra que se fixo coincidir cos cen anos do seu nacemento. Cen lugares que conforman a poliédrica personalidade do artista e intelectual galego. Composta por 350 obras orixinais (pinturas, debuxos, gravados, carteis…), 220 documentos e 130 reproducións.

Houbo algún dos 100 lugares que mesmo nos fixo desexar estar alí co noso alumnado, -mágoa da distancia, hai moi poucos ou case ningún obxectivo pedagóxico que nos xustifique ese desprazamento coas criaturas destas idades-, mesmo sentimos envexa das escolas preto da Coruña. Tomamos nota dalgún destes lugares que considerábamos de aproveitamento didáctico e tratamos de localizar na rede as obras que os integraban. Advertimos, non son todas as que están, nin están todas as que son, pero dá para traballar a paisaxe, o mar, a figura humana, a cor, bodegóns, o deseño,  o medio natural ou as labores do campo.

Ás veces hai quen nos pregunta por que insistimos tanto no traballo coa arte, sempre dicimos que como manifestación e expresión humana debe ser ensinada, hai que aprenderlle ao alumnado a mirala, a valorala e a respectala. Ao mesmo tempo, cremos que, como representación da realidade, dos sentimentos ou das emocións humanas, debemos amosala en toda a súa diversidade de interpretacións e diferentes visións. Canto a por que insistimos na arte galega, non precisa explicación…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: