Unha lectora do blog, infórmanos de que os vindeiros 17 e 20 de novembro, terán lugar as xornadas de formación dirixidas ao profesorado –homologadas pola CEOU- “Alerxia aos alimentos. Alerxia ao látex”. Entre os seus obxectivos, aportar coñecementos básicos sobre a alerxia a alimentos e alerxia ao látex; pautas de prevención para minimizar o risco de presenza de alérxeno nos centros educativos; medidas de prevención desde os comedores escolares; así como, facilitar nocións básicas para recoñecer os signos e síntomas que manifestan o inicio dunha reacción e o protocolo de emerxencia. Pódese consultar o programae acceder á ficha de inscrición.
Nesta actividade organizada pola USC, colabora a Asociación Española de Alérgicos a Alimentos y Látex. No seu web de AEPNAA, atoparemos información sobre alerxia a alimentos e látex, receitas de cociña carentes de elementos alérxenos, guías para profesorado, unidades didácticas, trípticos informativos e boletíns, ligazóns, eventos, alertas, e outras novas de interese. Conta cun servizo de especialistas en nutrición, alergólogos, pediatras, avogados que denuncian e fan unha chamada de atención á sociedade sobre etiquetaxe de alimentos.
O profesorado que atende alumnado con estas patoloxías, sempre anda moi preocupado por se xurde un episodio nas aulas. A CEOU tiña subscrito un convenio de colaboración co 061 para o programa “Alerta escolar”, no que se rexistraban estes nenos/as e se lle prestaba colaboración e información ao profesorado. Acceso ao tríptico informativo.