A nosa achega á educación infantil

All-hallow Even – Samhain

In ActualizArte on 31/10/2010 at 00:01

Na noite do 31 de outubro, o mellor aínda, na véspera do 1 de novembro, fito máxico e ancestral no calendario celta, queremos facer unha recomendación de lectura.

No ano 1890 o antropólogo escocés James G. Frazer publicaba “La rama dorada: un estudio sobre magia y religión”, un estudo comparativo de mitoloxía e relixión de grande envergadura. Tentaba definir os elementos comúns das crenzas relixiosas; pretendía demostrar que todas as relixións primitivas teñen características en común, polo que a xustificación de principios de determinadas costumes máxicas ou relixiosas servirían igualmente para a comprensión do orixe e significado doutras formas relixiosas análogas.

A partir da páxina 711 desta magna obra comeza o capítulo “Fuegos en la víspera de Todos los Santos”, alí di que Samaín é unha das festas pirofóricas máis importantes dos celtas; o 1 de maio e o 1 de novembro, ou para ser máis precisos as súas vésperas, sinalan momentos críticos culminantes de cambio de ano en Europa: un é precursor do amable calor e o outro anuncia o frío e a esterilidade do inverno. Isto pode ser de escasa importancia para os agricultores, pero afecta profundamente aos pastores europeos. En calquera caso, as dúas grandes festas célticas, coinciden estreitamente na maneira de celebralas, nas supersticións asociadas a elas, así como polo seu arcaísmo. Nas dúas ocasións préndese o lume; o influxo benéfico do lume. A costume de prender lume novo na véspera de Todos os Santos ou Samhain apunta ao 1 de novembro como día de Ano Novo no calendario celta.

Para quen queira saber máis sobre as idas e vidas das ánimas dos defuntos, sobre a costume de que os rapaces pidan esmola (turba) polas portas das casas, ou sobre os lumes para espantar as bruxas, e outros detalles que chegaron ata os nosos días, pódese consultar nas páxinas 710-715.

E isto, para que nos pode servir aos docentes?

Para todo ou para nada!

Advertisements
  1. Sérvenos para lembrar que entre un bispo, un mago do tarot das televisións e un empresario do negocio da venta de pulseiras magnéticas, a maior diferencia é que o bispo ten axentes dentro das escolas e doutras institucións públicas.

    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: