A nosa achega á educación infantil

Monet 2010

In CativArte,TICArte on 29/10/2010 at 15:02

 

Con motivo da retrospectiva sobre a obra de Monet, exposta nas Galeries Nationales de París do 22 de setembro ao 24 de xaneiro de 2011, creouse unha web interactiva, Monet 2010, que recolle a vida e obra deste pintor.

Coincidimos coa reseña de Capítulo O, é “unha auténtica pasada”, “unha das webs 2010 a nivel mundial”. Está en varios idiomas, entre eles o español. Na Galería podemos ver os cadros presentes na exposición, algo que non sempre se fai. Desde Viaje permite un percorrido pola obra, todo un alarde de interactividade; aínda non o probamos no encerado dixital, pero co cursor podemos derramar o tinteiro; dando palmadas, facer voar a pega; ver como caen as folerpas de neve nas paisaxes nevadas; pasar do inverno á primavera; facer xirar as aspas dos muíños, levantando follas e pétalos de papoulas; mover a auga do estanque; facer desaparecer a neve; tocar as campás das catedrais…, e como non, ver todos os cadros polos que “viaxamos”.

Entrar nunha obra de arte, unha experiencia inesquecible , para nós e para os máis pequenos.

Advertisements
  1. Despois de navegar un bo rato pola web, comparto a vosa opinión. Os efectos do flash van moi a carón do contido da web, e seguro que ós máis pequeños gustarálles aínda máis coñece-la obra de Monet, que é o que precisamente máis me impresionou da web. ¡mostran moitos cadros! é moi difícil atopar en internet unha web que ofreza información e imaxes de tantas obras dun mesmo autor e desa maneira tan interactiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: