A nosa achega á educación infantil

XII Salón do Libro de Pontevedra

In ContArte on 21/10/2010 at 14:59

No mes de febrero de 2011 celebrarase o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, organizado polo Concello de Pontevedra. O pasado ano recibiu a visita de máis de 35.000 persoas, das cales unhas 25.000 era público infantil e xuvenil.
A temática elixida para esta edición é ‘É mentira’ sobre a que haberá unha exposición de títulos, a máis dun espazo de lectura para o público infantil e xuvenil. No Salón do Libro colaboran, ademais, centros educativos de Pontevedra e outros concellos de Galicia, que realizan actividades e traballos baseados na bibliografía recomendada para Educación Primaria e Secundaria en relación ao título de cada ano.

A mentira é inherente á literatura; a mestura entre o real e o irreal, o máxico, o onírico e o absurdo é o que axuda a que o feito do que parte o autor trascenda. Porén, poucos libros quedarán fóra desa temática elixida, salvo aqueles que case non merecerían a consideración de literatura, aqueles que son outra cousa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: