O vindeiro sábado, 23 de outubro, nos cines Filmax da Coruña será a preestrea de ‘A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol’ -o 29 estrease en toda España- a primeira película española rodada en 3D estereoscópico dirixida a un público de entre 2 e 7 anos. Baseada en ‘The Happets’ (contracción de «happy pets», animales domésticos felices), unha serie de 52 episodios de 7 minutos de duración que xa se emitiu en TV3 e TVG, e cuxos libros xa están á venda. A Tropa de Trapo, é un grupo de irresistibles mascotas que tentarán seducir coa sinxeleza dun pequeno conto, aos nenos e nenas que están espertando ao mundo (e aos non tan nenos), e atrapalos nunha divertida aventura que, a máis de entretelos, lles axude a consolidar valores como a importancia de aceptarnos e querérmonos tal e como somos.
A película está dirixida por Álex Colls e coproducida por Anera Films, Continental Animación e Abano Producións. No tráiler pódese ver “A tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol” con “I´m walking on sunshine”, de Katrina and the Waves.
Gracias por facervos eco desta película que espero guste moito no eido escolar porque supoño saberedes valorar a mensaxe e a maneira de dirixirnos aos nenos. O guión é da novelista galega Lola Beccaria e a música composta por Zeltia Montes, que gravamos coa orquestra sinfónica de Kiev.
O que me gustaría resaltar é que as voces foron dobradas por nenos galegos, tanto na versión galega como na española (e se nota) e que fixeron un traballo excepcional.
Espero que vos guste!