A nosa achega á educación infantil

A saúde mental na infancia

In EmocionArte,InformArte on 19/10/2010 at 21:01

O pasado 10 de outubro foi o Día Mundial da Saúde Mental, unha conmemoración que ten como obxecto concienciar á poboación de que “Sen saúde mental non hai saúde real”. A saúde mental é algo máis que a ausencia de enfermidade, está relacionada coa promoción do benestar, a prevención de trastornos mentais e o tratamento e rehabilitación das persoas afectadas polos devanditos trastornos.

Boa saúde mental nos nenos e nenas pequenas significa poder desenvolver relacións interpersoais seguras, sinceras, expresar as súas emocións e interactúar adecuadamente cos outros. O que sucede nos primeiros anos de vida ten unha importancia crucial no posterior benestar mental das persoas. Nisto coinciden todos os estudosos da infancia, entre eles, Sue Gerhardt psicoterapeuta de Oxford, entrevistada por Eduard Punset no programa Redes 447, “El cerebro del bebé” –vídeo e entrevista-, onde nos falan de que a mellor maneira de previr os problemas de saúde mental é prestándolle máis atención aos bebés, aos más cativos, que é cando empezan estas cousas. No mesmo programa Sue Gerhardt dá a súa opinión sobre que as familias envíen aos seus fillos as garderías para que se “socialicen”. Sostén que “Cuanto más sabemos de neurociencia, más claro resulta que hay muchos problemas en la sociedad (ya sea la conducta antisocial, o los trastornos de la personalidad o la conducta, los pacientes en centros de salud mental… no hablo de la esquizofrenia, sino de trastornos de la personalidad y depresión y problemas de este tipo) que están muy, muy relacionados con la primera infancia, así que si queremos proteger a la sociedad de las consecuencias de este tipo de conductas…”.

Advertisements
  1. Dende fai dous anos esta entrevista é o meu tema de presentación! Da lugar a falar de moitos temas coas familias. Encántame!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: