A nosa achega á educación infantil

Proxecto Miroscopio

In ContArte,EmocionArte on 14/10/2010 at 20:59

O pasado mércores, os nosos amigos e amigas da Asociación de Filosofía para nenos e nenas de Galicia, convidáronnos á presentación do seu arelado “Proxecto Miroscopio” no Auditorio de Vilagarcía. Unha proposta chea de sentido común, de profesionalidade, de coñecemento, do bo facer e honestidade que caracteriza a este colectivo desde os seus inicios. Reproducimos textualmente a reseña que  fan do proxecto:

“Unha proposta que nos convida a escoitar e a mirar doutro xeito, que nos convida a… “miroscopiar”, que é mirar escoitando, que é mirar observando, que é mirar cara dentro e darlle voltas á mirada, que é mirar preguntado, que mirar pedindo explicacións, que é un mirar coidadoso e agarimoso…, que é, en definitiva, o que fan todos os nenos do mundo aínda que non o saiban.”

O proxecto consta de música, material para familias e profesionais da educación e cinco contos para lectores a partir de cinco anos: Lara, María, Antón, Óscar e Salvatore, cinco contos, cinco nenos e nenas que viven no “paracosmos” de Faxilde, que se fan preguntas, que teñen preocupacións, problemas e inquedanzas comúns a todos os demais nenos.

“Unha proposta global de sentido, con ideas clave empaquetadas en envoltorios:
-Sorprendentes…, para espertar a ATENCIÓN
-Misteriosos, suxestivos, problemáticos e retadores… para provocar ATRACCIÓN, CURIOSIDADE E ASOMBRO
-Divertidos e emocionantes… para producir PRACER
-Cheos de sentido e útiles para vivir… para ser xulgados como VALIOSOS
Activadores dos sistemas simpático e parasimpático para encherse de ENERXÍA e para recuperar a CALMA
Harmonizando SENSACIÓNS, EMOCIÓNS E PENSAMENTOS en comunidade de diálogo e acción.”

Un proxecto de familia, os protagonistas dos contos son nenos e nenas reais, achegados aos autores do proxecto e á ilustradora, María Corleone –quen fixo un extraordinario, orixinal e creativo traballo de representar o inesquecible mundo de Faxilde.

Recomendamos entrar no Blog de Jesús Merino –un dos autores, xunto con Carmen Loureiro, entre outras-, á espera de que estea activa a web http://www.miroscopio.everest.es . Nas fotografías, as ilustracións e elementos compositivos das mesmas, exposto no Auditorio de Vilagarcía. A continuación, esta fermosa exposición viaxará á Illa de Arousa, e a partir de aí desexámoslle unha longa andaina, por centros educativos e por actividades de formación do profesorado; ben paga a pena! 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: